Fonte de San Roque (Cervo-Lugo)
Reformada a mediados do século pasado, xa se falaba dela no Diccionario Madoz (1845): "hay la fuente de San Roque de muy buen agua". Encóntrase na poboación de Santa María de Cervo, moi préto da Igrexa e do Camiño Real.
A maior curiosidade é que se conservara a antiga figura do Santo (din que pola gran devoción que lles tiñan as xentes do lugar). Á primeira vista máis parece unha "Santiña de Pedra" (moi, moi antiga )que un San Roque.
Marzo de 2016