Fonte Santa de Sargadelos (Cervo)

Atópase moi preto da Igrexa de Santiago de Sargadelos. Fonte Santa asociase a fontes nas que manan augas sanadoras de diversas doenzas. Están preto de antigas Igrexas e ó longo dos Camiños de Santiago (Portugués, Francés,...). Neste caso, non se conseva ningunha tradición oral (que se sepa) relacionada cos posibles efectos sanadores das súas augas. Din os vellos que: " toda Igrexa con Santo Patrón ten a súa fonte ó seu carón", neste caso Santiago (con anterioridade, San Xulián). Destaca a pedra "triangular" (que nos recorda a un antigo dintel) na que está grabada unha cruz moi desgastada, que non se ve a simple vista. Unha cruz latina con pé de feitura moi antiga.

Recordando que estamos no Camiño Real (no Camiño do Mar) podemos supoñer que ben puido ser esta fonte lugar de descanso, aseo e alivio para o peregrino, coma outras "Fontes Santas".

Cruz grabada na pedra. Case non se aprecia polo desgaste.
Cruz grabada na pedra. Case non se aprecia polo desgaste.
Pía base rectangular dunha soa peza.
Pía base rectangular dunha soa peza.
Hórreo moi preto da fonte
Hórreo moi preto da fonte
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar